Croa
Croa
Publicación anual en galego do Colexio Calasanz da Coruña e que iniciou a súa edición a partir de decembro de 1987. Dirixida por Basilio Vence Diéguez, contaba coa colaboración dos membros do Colectivo Cultural Galego CROA. Dividíase nas seccións: “Editorial”, “Letras Galegas”, “Entrevistas”, “Creación Literaria”, “Cómic” e “Colaboracións”.