Croa

Croa

Publicación en galego aparecida en 1991 na parroquia de Viladonga, no concello de Castro de Rei, subtitulada “Boletín da asociación de amigos do museo do castro de Viladonga”. Contaba coas colaboracións de Felipe Arias Vilas, Elena Varela Arias, Monserrat Vila Martínez, Enrique Montenegro, Antonio Reigosa e Fernado Acuña, entre outros. Incluía información referida ao patrimonio cultural da parroquia, ás actividades da asociación, aos restos arqueolóxicos atopados arredor do castro de Viladonga e bibliografía relacionada coa prehistoria.