crómico -ca
crómico -ca
(< cromo + -ico)
-
adx
Que contén cromo(III), é dicir, cromo en estado de oxidación +3.
-
ácido crómico
[QUÍM]
Ácido diprótico que se obtén segundo a reacción K 2 CrO 4 +H 2 SO 4 ⇋H 2 CrO 4 +K 2 SO 4 . Oxidante enérxico, emprégase moito na anodización do aluminio, na obtención de catalizadores e no cromado electrolítico.
-
mestura crómica
[QUÍM]
Solución case saturada de dicromato de sodio ou de potasio en ácido sulfúrico concentrado. De propiedades oxidantes fortes e limpadoras, emprégase no laboratorio para lavar os obxectos de vidro.