cromita
cromita
(
s
f
[MINERAL]
Cromato de ferro(III), de fórmula FeCr2O4. Pertence ao grupo das espinelas e é de cor negra agrisada. Ten dureza 5,5 e densidade 5,1. Localízase como mineral accesorio nas rochas ígneas ultrabásicas. É o único mineral importante do que se extrae o cromo e emprégase como metal de aliaxe para aceiros e como material refractario.