Crónica del Magisterio, La
Crónica del Magisterio, La
Publicación aparecida o 30 de outubro de 1865 e que rematou a súa edición o 30 de xaneiro de 1896. Subtitulada “Revista quincenal de instrución pública, Ciencias, Artes y Literatura”, imprimíase nos obradoiros tipográficos de Xosé A. Antúnez. O seu director e fundador foi Emilio Couto de Salcedo. Continuou o labor emprendido por La Constancia e tentaba converterse no voceiro dos mestres da provincia.