Crónica Literaria

Crónica Literaria

Publicación editada en Ourense a partir do 1 de novembro de 1903 e que cesou o 17 de febreiro de 1904. Nos seus dezaseis números subtitulouse “Revista semanal de literatura, ciencias y artes”. Dirixida por Luciano Cid Hermida, contou coa colaboración de diversos xornalistas e escritores como Sebastián Gomila, Vicente Medina, Aurelio Ribalta, Xerardo Álvarez Limeses e Xosé María Posada. Trátase dunha revista cultural na que se incluían relatos, contos, estudios literarios e traballos críticos sobre arte, á parte de poemas. Na súa sección “Crónica de la semana” incluía novas de información local.