Crop Science

Crop Science

Publicación bimensual da Sociedade Americana de Investigacións de Cultivos (fundada no ano 1955) que saíu por vez primeira en xaneiro de 1961. Trátase dunha organización educativa e científica que conta con máis de 4.700 membros, en máis de cen países, dedicados á investigación na ciencia das colleitas. Inclúe información sobre xenética e crianza da semente, fisioloxía da colleita, produción vexetal, calidade dos produtos agrarios e ecoloxía.