Crozier, Michel
Crozier, Michel
Sociólogo francés. No ano 1970 foi nomeado director de investigacións do Centre National de Recherches Scientifiques e presidente da Société Française de Sociologie. Dedicou a súa investigación á socioloxía do traballo nas sociedades modernas e, dun xeito especial, á análise dos factores estruturais da resistencia ao cambio nas actitudes profesionais, que amosou en distintas obras como Le phénomène bureaucratique (O fenómeno burocrático, 1964), La Société bloquée (A sociedade bloqueada, 1970) ou On ne change pas la société par décret (A sociedade non se cambia por decreto, 1979).
Cronoloxía
-
Nacemento
Lugar : Sainte -
Falecemento