Cruise, Thomas
Cruise, Thomas
Actor cinematográfico. Comezou facendo pequenos papeis en Hollywood ata que participou en The Outsiders (Rebeldes, 1983) de Francis Ford Coppola. Desde ese momento protagonizou algunhas películas como Risky Business (1983), All the Right Moves (A clave do éxito, 1983) ou Legend (1985). O seu pulo definitivo veu coa película Top Gun (1986), a partir da que comezou a protagonizar filmes de maior presuposto e calidade, como Color of Money (A cor do diñeiro, 1986), Rain Man (1988), Born on the 4th of July (Nacido o 4 de xullo, 1989), Far and Away (Un horizonte moi afastado, 1991), The Firm (A tapadeira, 1993), Mission Impossible (Misión imposible, 1996), Eyes Wide Shut (1997) ou Mission Impossible 2 (1998).
Cronoloxía
-
Nacemento
Lugar : Syracuse, Nova York