Cruz Blanco, Ángel de la

Cruz Blanco, Ángel de la

Produtor, director e guionista. Decorador de profesión, entrou no mundo do cine en 1993 como axudante de decoración na longametraxe Tirano Banderas. En outubro de 1994 formou a produtora Artemática SL, na que se dedicou a escribir guións e a producir e dirixir curtametraxes e longametraxes. Foi xerente da Asociación Galega de Produtores Independentes, AGAPI (1997-98) e realizou traballos e diversas colaboracións para empresas. Desenvolveu, sobre todo, a faceta de guionista e escribiu o guión das curtametraxes Aurea mediocritas (1995), El defensor de Coruña (1997) e Líderes de audiencia (1997), e da longametraxe de animación en tres dimensións O bosque animado (2001), adaptación da obra homónima de Wenceslao Fernández Flórez.

Acadou varios premios entre os que se atopan o Mestre Mateo, mellor guión, Engurras (2011) e premio Goya 2002 á Mellor Película de Animación e Goya 2002 á Mellor Canción Orixinal por El bosque animado

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : A Coruña