Cruz de Ferro, orde da

Cruz de Ferro, orde da

Orde civil e militar instituída en 1813 polo Rei Federico Guillerme III de Prusia para recompensar os méritos militares na guerra contra Francia. En 1814 premiou o mérito civil. A condecoración é unha cruz teutónica grega cunha coroa real, a letra W, inicial de Wilhem (Guillerme) no centro, e a cifra 1870 na parte inferior do brazo inferior. Hitler cambiouna pola cruz gamada e a partir de 1956 foi substituída por unha folla de carballo.