Cuadernos Americanos

Cuadernos Americanos
[PUBLIC]

Revista bimestral editada en México a partir do 1 de xaneiro de 1942. Difusora da cultura e da literatura en lingua castelá, contou coa colaboración de, entre outros, Américo Castro, Jorge Guillén, Vicente Huidobro, Juan Ramón Jiménez, Gabriela Mistral, Pedro Salinas, Pablo Neruda, Alfonso Reyes e Juan Larrea.