Cuadra, La

Cuadra, La
[ESPECT]

Grupo de teatro fundado en Sevilla en 1971 por Salvador Távora, que colaborara co Teatro Lebrijano. É unha das primeiras experiencias de investigación antropolóxica teatral que se desenvolveu en España. Desde o seu primeiro espectáculo, Quejío (1971), Távora e os seus diversos colaboradores veñen explorando a tradición teatral andaluza, mesturando elementos culturais moi diversos, desde as diferentes modalidades de baile e cante jondo ata a paixón polos cabalos e os touros, sen esquecer a realidade social e as súas contradicións. Entre os espectáculos máis notables da compañía, con dirección do propio Távora, hai que destacar Los palos (1975), Herramientas (1977), Andalucía amarga (1979), Piel de Toro (1985), Alhucema (1986) ou Carmen (1996).