Cuadrante

Cuadrante
[PUBLIC]

Boletín semestral aparecido en setembro do ano 2000 en Pontevedra, editado pola Asociación de Amigos de Valle-Inclán. Dirixido por Gonzalo Allegue, pretende divulgar e difundir documentos reveladores que faciliten o coñecemento da vida e obra do escritor. Entre algúns dos seus colaboradores figuran X. L. Axeitos, Alfonso Mato, Xaquín Núñez Sabarís, Francisco Charlín Pérez, Anselmo Menéndez e Elisardo Barreiro. O seu primeiro número dedicouse ao pai do escritor, Ramón del Valle-Inclán Bermúdez, mariño e funcionario de profesión, ligado á instalación dos camiños de ferro en Galicia.