Cuadrante, pazo de

Cuadrante, pazo de

Construción situada en Vilanova de Arousa. Foi a casa natal de Valle-Inclán (1866). Consta de planta rectangular e horta exterior. Tiña unha escalinata de acceso, adega e corte. No ano 1994 sufriu un incendio e o único que se conservou foi un brasón que identifica as familias de la Peña, Valle e Patiño. Foi declarado Ben de Interese Cultural en 1976.

Palabras veciñas

cuadrantanopsia | cuadrante | Cuadrante | Cuadrante, pazo de | cuadrático -ca | cuadratín | cuadratriz