cuáquero -ra

cuáquero -ra

(< ingl quaker ‘tremente’)

  1. adx

    Relativo ou pertencente aos cuáqueros.

  2. s [RELIX]

    Membro da seita protestante denominada Sociedade dos Amigos. Recibiron esta denominación por mor da énfase que puxeran os primeiros predicadores ao dicir que había que “tremer” diante de Deus e polos tremores que amosaban nas súas manifestacións relixiosas. Fundada en Inglaterra por George Fox no s XVII, caracterízase pola doutrina da palabra interior do Espírito Santo, ausencia de dogmas, supresión de todos os sacramentos, prohibición do xuramento e do dereito á lexítima defensa, e polo rexeitamento do culto externo e da xerarquía eclesiástica.

Palabras veciñas

Cuanza Norte | Cuanza Sur | cuaquerismo | cuáquero -ra | cuarcífero -ra | cuarcita | cuarta