cuarteirón

cuarteirón

(< fr quarteron)

  1. s m

    Cada unha das catro partes nas que se divide un todo.

    Ex: Sempre come dous cuarteiróns de mazá na sobremesa.

  2. s m [METROL]

    Medida de capacidade equivalente a un cuarto de litro.

    Ex: Día si e día non vai buscar un cuarteirón de leite.

  3. s m [METROL]

    Medida de peso equivalente a 125 g.

    Ex: Comprou un cuarteirón de larpeiradas.

  4. s m

    Cuarta parte dun cento.

    Ex: Plantou un cuarteirón de cebolas.

  5. s m
    1. Cada unha das táboas que encaixan entre os montantes dunha porta, dunha ventá, dun moble, etc. Así, o situado no nivel máis baixo denomínase base, o colocado no centro ten o nome de central e o máis elevado é o tope.

    2. Postigo dunha ventá.

    3. Puntal que reforza o par dunha armadura.

  6. s m

    Cada unha das catro fases da Lúa.

Palabras veciñas

cuartal | cuarteado -da | cuartear | cuarteirón | cuartel | Cuartel General | cuartelada