cuarteado -da
cuarteado -da
(< cuartear)
-
p reg
de cuartear.
-
adx
[HERÁLD]
Aplícase ao campo do escudo dividido en catro partes ou cuarteis iguais mediante o partido e o truncado; tamén se lle chama cuarteado en cruz. Cando o campo se divide mediante o tallado e o tronzado denomínase cuarteado en aspa e cuarteado en escuadra cando a división dá lugar a unha cruz esvástica, de xeito que cada cuartel recorda a forma dunha escuadra. A orde para brasonar os cuarteis vai sempre cara á punta e do lado dereito ao esquerdo. O costume de cuartear as armas -moi común nos estados hispánicos- parece que comezou a finais do s XIII.
-
adx
m
[FILAT]
Aplícase ao selo con fendas, xeralmente por mor da goma.