Gatos
Publicación universitaria quincenal editada por Campus Magazine e a Asociación Universitaria Volvoreta na Coruña dende 1994. Dirixida por Alejandro Rodríguez, conta no equipo de redacción, entre outros, con Marta López, Julio Díaz, Alfredo López, Gloria García, María Tornero e Ramón Domínguez. Cunha tiraxe superior aos 18.000 exemplares, repártese entre o alumnado das distintas universidades galegas. Divídese nas seccións “a-z”, “pasen y lean”, “cartas al director”, “universidade da coruña”, “manda güevo”, “universidade de santiago”, “funda-mental”, “universidade de vigo” e “usted conteste”. Inclúe novas relacionadas co mundo universitario galego, con información sobre profesores, materias, titulacións, ademais de entrevistas e reportaxes das festas que se organizan nos centros.