Cucubalus
Cucubalus
[PLANTA]
Xénero de herbáceas gabeadoras, da familia das cariofiláceas, de ata 100 cm de lonxitude, con flores de 20 mm de diámetro -de sépalos soldados formando un tubo e pétalos curtos e bídidos de cor clara- que dan lugar a froitos en bagas de cor negra e 8 mm de diámetro. Na metade oriental de Galicia está presente a especie C. baccifer, en medios húmidos e fragas.