Cuco-Rei
Cuco-Rei
[PUBLIC]
Revista gratuíta en galego editada en Bos Aires o 1 de setembro de 1970 e dirixida por Luís Seoane. Subtitulada “Cantos anos vivirei?”, colaboraron nela Lorenzo Varela e Isaac Díaz Pardo, quen asinaba co pseudónimo de S. Fernández Ollarnovo. Inseriu información de carácter cultural dedicada a libros, teatro, exposicións e discursos. No seu suplemento, á parte das ilustracións de Seoane e dun debuxo de Maside, incluíu o poema “Cantiga nova que se chama cadea”, de Lorenzo Varela, e unha recensión do libro La marginación de Galicia, de Paz Andrade.