Cuco

Cuco
[ONOM]

Apelido que ten a súa orixe nun alcume de carácter irónico e negativo, aplicado a individuos pícaros, mentireiros ou aproveitados; de feito, aínda pervive a expresión “é un cuco” con eses significados.

Refráns

  • Cando canta o cuco, logo vén o gran ao suco.
  • Dende que vén o cuco, fóra o "pulpo".
  • Desque chega o cuco, vén o pan ao suco.
  • Entre marzo e abril sae o cuco do cubil, pois coa neve non quere viro
  • Entre marzo e abril, se non veu o cuco, quere vir a fin.
  • Mentres canta o cuco, non comas raia nin "pulpo".
  • No abril di o cuco: vivo; e no maio: revivo.
  • No tempo do cuco á mañá me mollo e á tarde me enxugo.
  • O cuco no abril xa sae do cubil.
  • Ós comezos de abril o cuco ten que vir; e, se non volveu, ou prendérono ou morreu.
  • Se non viches o cuco a mediados de abril, ou morreu o cuco ou vai vir a fin.
  • Se non viches o cuco a mediados de abril, ou morreu o cueo ou quere vir a fin.