Cuernavaca
Cuernavaca
Capital do estado de Morelos, México (316.782 h [estim 1995]). É o centro dunha importante rexión agrícola. Os principais cultivos son o azucre, os plátanos, o arroz, o millo e o algodón. Tamén destaca a súa industria, sobre todo a de tabaco, cemento, papel e fariña. É un dos principais centros turísticos do país. Foi a capital dos tlahuiques, tributarios dos aztecas. Hernán Cortés conquistouna en 1521, e iniciouse a transformación urbana a partir de 1530. Do seu patrimonio cultural cómpre salientar o xacemento arqueolóxico de Ticomán (600-150 a C), o palacio de Hernán Cortés (s XVI), a catedral (1529) e a capela Abierta de Félix Candela.