Cuetos Castro, Olegario de los
Mariño e político liberal. Garda mariña desde 1809, foi destinado ao arsenal da Carraca (Cádiz) durante un ano e despois embarcouse como alférez de fragata. En 1815 asumiu o mando da balandra General Castaños, coa que participou no bloqueo de Cartagena de Indias. Cinco anos máis tarde abandonou a Armada e foi nomeado comandante segundo do Estado maior do exército. En 1821 volveu á Armada como tenente de navío e marchou para La Habana, de onde volveu a finais de 1822 para defender os principios liberais. Polas súas ideas liberais e a súa pertenza a unha loxa masónica, foi condenado pola Audiencia de Sevilla e tivo que exiliarse a Francia e Inglaterra ata a amnistía decretada por Espartero en 1832. En 1835 foi nomeado secretario do rei e xefe de mesa da secretaría de Estado e do despacho de Mariña. En 1837 foi elixido deputado para as Cortes constituíntes. Con posterioridade volvería ser elixido deputado por Cádiz en varias ocasións ata que en 1843 foi nomeado ministro da Mariña.
Cronoloxía
-
Nacemento
Lugar : Ferrol -
Deceso
Lugar : Madrid