Cuíñas Pereira, Pío Lino

Cuíñas Pereira, Pío Lino

Xornalista e poeta. Colaborador de diversas publicacións, como Álbum literario, Galicia ilustrada e El Faro de Vigo, xornal no que publicou os poemas ”Minucias”, co pseudónimo de Ambrosio, e prosas humorísticas, co sobrenome de El huérfano de Bembrive. Destacan as súas composicións “A cae-la tarde”, premiado en Vigo en 1881 e publicado en O Tío Marcos da Portela; “Meu tesouro”, recollido na Coleución de poesías gallegas dalgúns autores (1882), de Francisco Portela; e poemas que foron musicados, como “Himno a Vigo”, “Beira do mar”, “Primavera” (con partitura de R. Soutullo) ou “Tristuras” (con partitura de Mónico G. de la Parra).

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Vigo

  • Deceso