culler
(< lat cochleāre)
-
s
f
-
Utensilio de metal, madeira ou doutros materiais, xeralmente dunha soa peza, semellante a unha pequena pa coa folla cóncava e habitualmente con forma oval. Emprégase para coller unha porción do contido, especialmente líquido, dun recipiente e transportalo a outro recipiente ou para levalo á boca. Na tradición oral recóllense ditos como: “A culler chea quere a boca baleira. Coa culler que escollas terás que comer as sopas. Culleres, fainas o tempo. Quen mala culler colle, con mala culler come”.
Ex: Comemos a sopa con culleres de prata.
Sinónimos: cullar. -
Cantidade dunha substancia que colle nunha culler.
Ex: O médico mandoume tomar dúas culleres de xarope ó día.
Sinónimos: cullar, cullerada.
-
-
s
f
cullerón.
-
s
f
-
Utensilio ou peza que, pola súa forma ou función, se asemella a unha culler.
Sinónimos: cullar. -
Cada unha das pas que compoñen o rodicio dun muíño.
Sinónimos: cullar. -
[IND]
Recipiente troncocónico ou cilíndrido de prancha recuberto de material refractario, que serve para transportar o material fundido do crisol aos moldes ou ao forno de tratamento ou de aliaxe.
Sinónimos: cullar. -
[CONSTR]
Accesorio metálico en forma de recipiente cóncavo aberto, reforzado eventualmente cunhas pugas na parte frontal, empregado principalmente nas máquinas escavadoras e nas pas cargadoras para traballos de escavación e movemento de terras. A culler autoprensadora, que consta de dúas mandíbulas, utilízase para a carga e descarga de materiais granulosos, pulverulentos ou semifluídos.
Sinónimos: cullar.
-
-
s
f
[ZOOL]
cágado.