Cultura, La

Cultura, La

Publicación quincenal en castelán aparecida en Bos Aires o 20 de xaneiro de 1911 e que cesou a súa edición en 1914. Centrada na educación, é o voceiro da Sociedad Pro-Escuelas de Moraña. Impresa nos obradoiros tipográficos de Ernesto Malena, saía os días 5 e 20 de cada mes. J. Carbajales figuraba como director, Albino Barral como administrador, e Antonio S. Freán e José Piñeiro como redactores. Contou tamén coa colaboración de Rafael Barret, Alfredo Calderón, Martín García e Manuel Hilario Ayuso, entre outros. Trátase dunha publicación centrada na educación.