Cumbraos, casa-torre de
Cumbraos, casa-torre de
Construción situada en San Martiño de Cumbraos (Monterroso). A súa construción relaciónase con Bieto Ares Noguerol (s XV) e, posteriormente, con Álvaro Gayoso Osorio. A torre ten planta rectangular e construíuse con muros de perpiaño. Conserva o escudo de armas dos Ares Noguerol, Gayoso e López de Aguiar. Na igrexa, de trazas románicas, destacan os sepulcros do interior. Foi declarada Ben de Interese Cultural en 1994.