cumeno
cumeno
(< lat cuminu ‘comiño’ +-eno)
s
m
[QUÍM]
Líquido incoloro, soluble en alcohol, éter, acetona e benceno, que ferve a 152,4°C. Obtense da destilación do alcatrán de hulla e da do petróleo. Emprégase como aditivo na gasolina de aviación, como solvente e na produción de fenol, acetona e α-metilestireno.