Cumes
Cumes
[PUBLIC]
Boletín editado a partir de 1987 pola Federación Galega de Montañismo. Dirixida por R. Echevarría, contaba coas colaboracións de María J. Bautista, E. Covelo, A. Fernández Pena, A. Pérez Sienes, A. Suárez e Constancio Veiga. Á parte das seccións “Editorial” e “Cada cual opina”, incluía diversas reportaxes sobre a Escola Galega de Alta Montaña, sobre os cumes de Galicia, as asembleas que celebraba a Federación, os diversos campamentos e certames fotográficos, e a situación do medio ambiente.