cumprido -da

cumprido -da

(< cumprir)

  1. p reg

    de cumprir ou cumprirse.

    Ex: As promesas cumpridas dan descanso anímico. O Brais xa ten cinco anos cumpridos. Os figos xa van cumpridos. O saco está ben cumprido de patacas.

  2. adx

    Que pon moito coidado en ser cortés e educado.

    Ex: Éche moi cumprido e agradable, dá gusto estar na súa compaña.

  3. adx

    Que é grande en duración, extensión ou dimensión.

    Ex: O traxe da voda éralle ben cumprido. Os días de verán son máis cumpridos ca os de inverno. Non é un rañicas, as súas esmolas son moi cumpridas. As prédicas de seu pai adoitan ser cumpridas de máis.