cuncha
(
-
s
f
Cuberta dura e ríxida dun animal, como a calcaria da maior parte dos crustáceos e dos moluscos, e os ósos dos quelonios. Desde a Antigüidade, observouse una clara semellanza entre a cuncha e os órganos xenitais femininos. A palabra latina pectem ou cuncha de peregrino designaba tamén a vulva. Na fala popular de Hispanoamérica chámaselle concha ao sexo da muller; en Galicia chámaselle cuncha en xeral ou dáselle o nome dalgúns bivalvos, como a ameixa. Na seguinte cántiga xógase co equívoco entre as cunchas instrumento musical -popular en Galicia- e as cunchas metafóricas: “Heiche de tocar as cunchas / miña carraspeiriña, / heiche de tocar as cunchas / naquela corredoiriña / (ou: ao son da miña gaitiña)”. Coas cunchas, nas que penetra un home ou un castrón, asno, galo, cervo, etc, -animais con fama de luxuriosos- o Bosco quixo representar, con toda probabilidade, a fornicación. Caracois, cunchas mariñas e perlas -os seus froitos- eran na Antigüidade emblemas do amor, do matrimonio e tamén do nacemento, pois por unha cuncha chégase á vida. Venus, a femia, a deusa do amor, xorde, con toda lóxica, dunha cuncha e da escuma -seme- formada nos xenitais de Urano. O seguinte paso consistiu en converter as cunchas, igual ca outros significantes de vida, en símbolo do nacemento á vida futura, en símbolo da Resurreción. Este é o motivo do seu emprego nos sarcófagos romanos e cristiáns posteriores. Por outro lado, hai cunchas en pinturas medievais que fan referencia á Resurrección. Nalgunhas zonas de Galicia conservouse ata mediados do s XX o costume de cubrir a sepultura con cunchas. Finalmente, a cuncha serve como símbolo do renacemento espiritual, como o que acontece nos ritos iniciáticos, no bautismo e nas peregrinacións. De aí as cunchas para verter a agua sobre o bautizado e a forma de cuncha para as pías bautismais. Os peregrinos, limpos de pecado grazas á penitencia do camiño e ás purificacións rituais, mostran o seu novo estado, o seu renacer espiritual, mediante unha cuncha; así o fan os devotos que acoden ao Mont Saint-Michel e a Santiago de Compostela.
Sinónimos: concha, cónchega. -
s
f
Calquera cousa semellante á cuberta calcaria dun animal.
Sinónimos: concha, cónchega. -
s
f
Construción que se empregaba nos teatros para tapar unha trampa no proscenio onde se agochaba o apuntador, quen axudaba os actores durante a representación lembrándolles en voz baixa as partes do diálogo que puidesen esquecer. No s XIX, os dramaturgos do naturalismo eliminárona do escenario por considerala un elemento que interfería na verosimilitude da trama, lembrándolles aos espectadores o seu carácter ficional. Os teatros actuais constrúense sen ela, xa que o texto se apunta desde os bastidores.
Sinónimos: concha, cónchega. -
s
f
Peza cun burato no que encaixa, para logo xirar, o fuso do lagar, o rodicio do muíño ou o eixe das portas semellantes á cancela.
Sinónimos: concha, cónchega. -
s
f pl
Instrumento de percusión, típico da tradición musical popular galega, formado por dúas valvas de vieira que emiten son ao fregalas unha contra a outra pola parte convexa.
Sinónimos: concha, cónchega. -
s
f
Termo do latín dos chafoutas ou xerga dos albaneis que corresponde á voz ‘conta’.
Frases feitas
-
Ter moitas cunchas. Ter moita experiencia.