cuñado -da

cuñado -da

(< lat cognātu)

  1. s

    Persoa casada co irmán ou coa irmá de alguén. Na tradición oral recóllense ditos como: “Cuñada e sogra nin de barro é boa. De cuñado nunca esperes bocado. Ao cuñado, acuñalo; ao parente, axudalo.”

    Ex: Foron ao cine cos seus cuñados.

  2. s

    Irmán ou irmá dun dos cónxuxes con respecto ao outro.

    Ex: A súa cuñada non asistiu á celebración.

Palabras veciñas

Cuña, La | Cuñada | Cuñado | cuñado -da | cuñar | Cunard, Samuel | Cunaxa