cupón
cupón
(< fr coupon < couper‘cortar’)
-
s
m
[ECON]
-
Cada unha das partes dun título representativo dun valor, que periodicamente se presenta ao cobro dos intereses vencidos.
-
Anaco de papel semellante que se separa dun conxunto e que se entrega cada vez que se fai uso do dereito a que corresponden.
-
-
s
m
Papel que se separa dun talonario e dá dereito a participar nun sorteo.
Ex: Comprou un cupón de lotería para o sorteo do venres.
-
s
m
Parte dun anuncio deseñada para ser recortada e posteriormente enviada ao anunciante, para solicitar máis información para participar nun concurso ou para calquera outra actividade promocional que o anunciante e a axencia deseñen. Poden aparecer tamén como parte dun envase ou no seu interior.