cupón

cupón

(< fr coupon < couper‘cortar’)

  1. s m [ECON]
    1. Cada unha das partes dun título representativo dun valor, que periodicamente se presenta ao cobro dos intereses vencidos.

    2. Anaco de papel semellante que se separa dun conxunto e que se entrega cada vez que se fai uso do dereito a que corresponden.

  2. s m

    Papel que se separa dun talonario e dá dereito a participar nun sorteo.

    Ex: Comprou un cupón de lotería para o sorteo do venres.

  3. s m

    Parte dun anuncio deseñada para ser recortada e posteriormente enviada ao anunciante, para solicitar máis información para participar nun concurso ou para calquera outra actividade promocional que o anunciante e a axencia deseñen. Poden aparecer tamén como parte dun envase ou no seu interior.