Columbia

Columbia

Río de América do Norte, coñecido anteriormente como Oregón. Nace no lago Columbia, ao O das Montañas Rochosas, Canadá. Oriéntase cara ao SO, cruzando a fronteira cos EE UU en Castlegar, e desemboca no Océano Pacífico, en Astoria, ao NO de Portland, logo dun percorrido de 1.953 km. O seu réxime é pluvial. Para o aproveitamento do seu gran potencial hidroeléctrico construíronse numerosos encoros, entre os que destaca a presa de Grand Coulee, no estado de Washington.