Columbia
Columbia
Capital do estado de Carolina do Sur, EE UU, situada nos contrafortes da cordilleira dos Apalaches, na confluencia dos ríos Broad e Saluda (112.773 h [1996]). É un importante núcleo de comunicacións. A base da súa economía é a agricultura, aínda que tamén destaca a industria téxtil. Posúe un importante centro de ensino superior: a University of South Carolina, fundada en 1801, e o Columbia College, creado en 1854.