cónsul, consulesa
(< lat consŭle)
-
[HIST]
-
s
m
Maxistrado supremo da antiga República en Roma, elixido por parellas durante un período dun ano non prorrogable. O cargo creouse trala caída da monarquía romana, arredor do 510 a C, e elixíase nos comicios centuriados, que lle conferían o poder ou imperium. Tiña a función de convocar e presidir as sesións do Senado e os comicios, a execución das súas decisións, a dirección do exército nas campañas, o nomeamento dos tesoureiros públicos e a función xudicial. Os cónsules elixíanse entre os patricios ata que no 367 a C, polas leis redactadas por Caio Licinio Estolón e Lucio Sextio Sextino Laterano, a plebe conseguiu que un dos cónsules pertencese á súa clase. Escollíase unha parella de cónsules e, no sistema de datación consular, dábanlle o seu nome ao ano da súa maxistratura. Os seus poderes non se interferían mutuamente e en campaña alternaban o mando militar. A expansión territorial da República romana permitiu a asignación do goberno dos territorios conquistados aos cónsules que finalizasen o seu mandato, coñecidos co nome de procónsules. A partir do goberno de Tiberio (14 d C), o Senado elixiu os cónsules e durante o Baixo Imperio o seu cargo chegou a ser máis ou menos honorífico, ata que desapareceu no 541 d C.
-
s
m
Cada un dos tres xefes do poder executivo do goberno francés segundo a Constitución do ano VIII (1799); o cargo mantívose ata a proclamación do Imperio (18 de maio de 1804).
-
cónsul de nave
Xuíz que se elixía nunha nave, na Idade Media, para administrar xustiza mentres estivese en alta mar ou en terra estranxeira, e atender a correcta distribución dos víveres.
-
s
m
-
s
[DER]
Axente oficial que un Estado establece noutro estranxeiro coa función xeral de velar polos intereses propios e particulares. Ten funcións administrativas, notariais, de colaboración cos tribunais e outras relacionadas co estado civil das persoas, o réxime de sucesión e outros aspectos, de acordo co réxime internacional de relacións consulares. Ten a súa orixe na organización corporativa existente na Idade Media. Existen dúas clases de cónsules, os de carreira ou missi, e os honorarios ou electi. Aínda que actúen xunto cos axentes diplomáticos, teñen a misión de ser axentes administrativos e comerciais de Estado. As normas para o seu nomeamento son un asunto administrativo interno do Estado correspondente.
-
s
Cónxuxe do cónsul ou da consulesa.