consueta

consueta

(

s f [LIT/RELIX]

Libro de costumes, prácticas e cerimonias dunha igrexa ou dunha parroquia. Orixinariamente, coordinaba os libros litúrxicos para o seu uso diario e, posteriormente, transformouse nun manual das obrigas dos rectores e dos clérigos (procesións, confrarías, aniversarios, etc). Como directorio oficial intercalouse a relación dos usos particulares de cada igrexa. Ten un enorme valor histórico e xurídico por uniformar o culto de cada diocese, e recibe a súa sanción e normalización nos concilios e sínodos. A maioría provén das parroquias e reflicten a vida relixiosa local.