Curicó
Curicó
Capital da provincia homónima, Chile, ao S de Santiago, nos contrafortes do Valle Longitudinal (103.919 h [1992]). As principais actividades económicas céntranse na gandería e na agricultura (viña e froitas). Tamén é un importante centro de comunicacións e comercio. Do seu patrimonio cultural destacan a igrexa de Curicó, da Merced e de San Francisco, e as casas consistoriais.