Currelo, pazo de
Currelo, pazo de
Construción situada no conxunto histórico-artístico de Pazos de Arenteiro (Boborás). De planta rectangular, ten escaleiras de acceso e está rodeada dun patio con construcións adxacentes. Fronte á fachada principal edificouse unha capela realizada por José Camba no ano 1769 que consta dun pórtico in antis, pechado cunha celosía e cunha porta de madeira.