Currency School

Currency School

Escola económica inglesa da primeira metade do s XIX que esixía a plena abertura metálica de todos os billetes de banca a fin de que a circulación mixta (de diñeiro e metal) estivese suxeita ás mesmas regras ca a circulación exclusivamente metálica. Intentaban neutralizar os efectos que unha cantidade oscilante de diñeiro ten sobre o seu valor e o nivel de prezos.