Currunchiño, O
Currunchiño, O
Publicación gratuíta en galego que apareceu o 1 de xaneiro de 1992 en Bilbao. De periodicidade irregular, subtitulouse como “Voceiro da Casa de Galicia en Bilbao”. Dirixida por Pedro López Martín, colaboraron, entre outros, Pepe Casal, Manolo Barreiro, Mª Ángeles Alonso, Ana Isabel Castro, Guillermo Vázquez, Juanjo Braña e Begoña López. O seu obxectivo principal foi dar a coñecer as actividades do centro na cidade, ao longo de seccións como “Iste, ise”. Inclúe ademais diversas fotografías da Casa de Galicia, de actos institucionais e algún debuxo humorístico. É a continuación de O Noso Afán, Cultura, O Curruncho, Follas Novas e da Revista de la Casa de Galicia, publicacións editadas na mesma cidade.