Curruncho, O

Curruncho, O

Publicación bilingüe editada a partir de 1988 en Bilbao e subtitulada “La Revista de la Casa Galicia de Bilbao: Voceiro da Nosa Casa Bilbao España”. Fundada por J. M. Casal Barbeito e dirixida por Xosé C. Braña Tobío, contaba cun consello de redacción formado por Xosé Estévez, Mª Isabel Braña, Xosé Obeiro, Iñaki Anasagasti, Alexo Carballeira e J. A. Amado Castiñeira. Incluía información sobre as actividades da entidade, á parte de artigos sobre a lingua, a xeografía e a cultura de Galicia. Acompañaban as reportaxes abundantes fotografías da Sociedade e algún debuxo humorístico de Quesada. Reproducía tamén algunhas narracións e poesías de Castelao e Aquilino Iglesia Alvariño. Ten relación coas publicacións O Noso Afán, Cultura, O Currunchiño, Follas Novas e Revista de la Casa de Galicia, editadas na mesma cidade.