Curtis, Edward Sheriff
Fotógrafo norteamericano. Cando a súa familia emigrou a Port Orchard, no estado de Washington, en 1887, comezou o seu estudo sobre o modo de vida dos indios. Desa etapa destaca o retrato da filla do xefe Seattle, Angeline, co que conseguiu o seu primeiro recoñecemento no mundo da fotografía profesional. Entre as súas expedicións cómpre salientar a realizada xunto a George Bird Grinell, editor do Forest and Stream, ao norte de Montana, para coñecer as tribos dos pés negros. Durante máis de trinta anos dedicouse a obter imaxes e documentación das tribos indias que habitaban o oeste do Mississippi, dende a fronteira con México ata o norte de Alasca. Entre 1911 e 1914 dirixiu un documental baseado na mitoloxía dos indios rawakiutl do noroeste do Pacífico. O seu traballo, titulado The North American Indian, está recollido en vinte volumes, e inclúe textos e fotogravados de carácter etnográfico.
Cronoloxía
-
Nacemento
Lugar : White Water, Wisconsin -
Deceso
Lugar : Los Angeles