curtocircuíto

curtocircuíto

(

s m [FÍS]

Fenómeno provocado pola conexión voluntaria ou accidental de dous puntos dun circuíto, entre os que hai unha diferenza de potencial, mediante un condutor de impedancia moi pequena. Caracterízase polo paso dunha corrente de intensidade moi elevada a través do condutor, que produce unha gran cantidade de calor. Para protexerse contra os curtocircuítos empréganse diversos dispositivos, coma fusibles, disxuntores ou relés térmicos.

Palabras veciñas

curto -ta | curto -ta | curtocircuitar | curtocircuíto | curtose | curtume | curubelo