curtose
curtose
s
f
[MAT]
Grao de separación dunha distribución de probabilidades á normal máis próxima a ela, é dicir, grao de convexidade ou achatamento da curva representativa dunha distribución estatística. A curtose β2 mídese, polo xeral, mediante a expresión β2=µ4/µ22, na que µ2 e µ4 son os momentos de orde 2 e 4, respectivamente. Para unha distribución normal β2,3, de xeito que, correntemente, se toma como medida da curtose o termo K= β2 -3. Se K>0 a distribución é leptocúrtica, se K=0 é mesocúrtica e se K<0 é platicúrtica.