Curuxa, A

Curuxa, A

Publicación mensual bilingüe aparecida en Corullón (Villafranca del Bierzo) en abril de 1983. Editada pola comunidade escolar do concello, contaba co apoio do Centro de Recursos de Villafranca del Bierzo e da Agrupación Experimental Bierzo, conformada polas escolas de Corullón, Dragonte, Cadafresnas, Hornixa e Viariz. Contou coa colaboración de Antonio Pereira, Juan Carlos Mestre, Antonio González, José A. Balboa, Miguel Jota e José I. Ramos. No seu quinto ano editouse unha monografía titulada A Curuxa, cinco años de prensa escolar. A partir dese mesmo ano, comarcalizouse e comezou a publicar diferentes colaboracións de historia, poesía, política e literatura. Tamén se incluíron artigos relacionados con aspectos etnográficos e culturais da zona.