Curuxa do Humor, Premio

Curuxa do Humor, Premio

Premio anual convocado dende 1985 polo Museo de Humor de Fene, dirixido polo humorista Xaquín Marín. Divídese nas modalidades: gráfica, literaria, fotográfica, de honra, de barro e aos medios. Entre algúns dos galardoados destacan Antón Cortizas (1986), en literatura; Xan López Domínguez (1987), no apartado gráfico; e Manolo Rivas (1989); a revista Can sen dono (1990) e o programa radiofónico Corre Carmela que chove (1994), no que atinxe aos medios. Entre os premiados coa curuxa de honra destacan Isaac Díaz Pardo (1985), Xulio Prieto Nespereira (1988), Xosé Neira Vilas (1989), Laxeiro (1991), Arsenio Iglesias (1994), Fernando Quesada Porto (1996), Clodio González Pérez (1999) e Siro López (2001).

Palabras veciñas

Curuto | Curutos | curuxa | Curuxa do Humor, Premio | Curuxa, A | Curuxa, A | Curuxal, pazo de