Częstochowa
Częstochowa
Capital do voivodato homónimo, Polonia, situada nos contrafortes do Xura de Cracovia, sobre o curso alto do Warta (258.100 h [1997]). Desenvolveuse ao redor do convento paulino Jasna Gora, fundado en 1382. A imaxe da Virxe Negra, á que se lle atribúen numerosos milagres, venérase neste santuario convertido nun dos principais centros de peregrinación de Europa oriental.